Orixínase un lume na chimenea dunha casa de Melide
Ecos da Comarca/Melide

Esta mañá orixinouse un incendio nunha chimenea dunha vivenda de Melide. O 112 Galicia foi alertado ás 11:22 horas. O suceso ocorreu no lugar de O Casal.
Foron mobilizados os Bombeiros de Arzúa, pero tal e como informa o 112 Galicia xa case nin interviron porque cando chegaron o lume xa fora sofocado polo dono da vivenda. "Ardeu a feluxe que había no interior da chimenea", recalca o 112 Galicia.
Por sorte, non houbo que lamentar máis danos materiais nin persoais.








Comentarios