Ecos da Comarca/Monterroso
Onte pola tarde orixinouse un incendio nunha vivenda de Monterroso. O GES de Monterroso recibiu o aviso ás 20:30 horas.

Tal e como informa o GES de Monterroso a vivenda afectada é unha casa unifamiliar de dúas plantas situada na Avenida de Lugo. "Prendeu lume na cheminea e por sorte só ardeu o hollín porque nós estamos a tres minutos do lugar", recalca o GES que indicaba que no momento de iniciarse o lume había tres persoas no seu interior, pero cando chegaron xa se atopaban fóra do inmoble.
Tamén foron avisados os Bombeiros de Chantada e a Garda Civil. "Aos bombeiros chamámolos despois para que deran volta ao ter nós xa o lume controlado", indica o GES.
Evacuación dun home
Por outra banda, o GES de Monterroso tivo outro servizo despois do incendio. Ás 21:44 horas foi alertado por unha emerxencia sanitaria. Había un home nun terceiro piso da Avenida de As Neves, tamén en Monterroso, que precisaba asistencia médica. Veu unha ambulancia, pero requeriuse da axuda do GES de Monterroso para baixar ao paciente debido a problemas de mobilidade.
Commentaires