Ecos da Comarca/O Pino
Este luns rexistrouse un incendio no municipio do Pino. Os Bombeiros de Arzúa foron mobilizados por un particular ás 14:50 horas.
Publicidade


Tal e como informan os propios Bombeiros o lume orixinose nunha explotación gandeira do lugar de A Quinta, na parroquia de Cebreiro.
Publicidade
"Houbo danos materiais e unha vaca permanecía deitaba no establo, aparentemente afectada. O resto do gando xa fora retirada da zona", sinalan os Bombeiros.
O 112 Galicia tamén indica que ningunha persoa resultou ferida, pero unha das vacas que se atopaban na zona na que se orixinou o lume quedou gravemente afectada.
O aviso chegou ao 112 Galicia pouco antes das 15 horas, a través dos Bombeiros de Arzúa, que á súa vez foran alertados por un particular: un incendio estaba a queimar a zona das cortes dunha explotación gandeira. No interior había unhas catrocentas vacas e herba seca acumulada.
De inmediato, desde o 112 Galicia activouse un operativo para o que se solicitou a colaboración da Garda Civil e dos voluntarios de Protección Civil de Touro, ademais da dos Bombeiros de Arzúa. Ao mesmo tempo, informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Santiago, ao GES de Curtis e ao persoal do distrito forestal da zona, que non tiveron que participar.
Unha vez finalizada a intervención, os equipos de extinción confirmaron que ardeu parte da cuberta das instalacións e palla acumulada.
Comentarios