Ecos da Comarca/Monterroso
Nas últimas semanas demos conta de varios incendios en chimeneas nas distintas comarcas. Esta tarde prendeu lume nunha na localidade de Monterroso, concretamente na Travesía Alcalde Emilio Álvarez.
O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE 112) Galicia foi alertado polo GES de Monterroso ás 18:39 horas deste xoves. Na chamada indicaba que un particular os avisara para informarlles de que prendera lume na chimenea, pero que xa o dera apagado.
O GES avisou ao 112 Galicia por se era necesario airear o inmoble e tamén alertou á Garda Civil e aos Bombeiros, tal e como informa o 112 Galicia.
Comments