top of page

Orixínase un incendio nunha chimenea dunha casa na parroquia cruceña de Duxame

Ecos da Comarca/Vila de Cruces

A casa afectada. Autor: Protección Civil Cruces

Esta tarde, ao redor das 18:30 horas, orixinouse un incendio nunha casa da parroquia cruceña de Duxame. "Recibimos aviso dunha veciña de Duxame onde nos dicía que a casa situada en fronte da súa, botaba chamas pola chimenea", sinala Protección Civil de Vila de Cruces.

Inmediatamente, Protección Civil avisou ao 112 e aos bombeiros do parque comarcal de Silleda e desprazáronse ao lugar. "Unha vez alí, comprobamos que o lume era consecuencia do hollín que estaba pegado á chimenea e estaba en combustión. Cerrámoslle o tiro para afogar as chamas e, unha vez que os bombeiros comprobaron que xa só quedaba calor residual, refrescouse a chimenea no exterior. Non se rexistraron danos materiais nin personais", explica Protección Civil do municipio.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page