Ecos da Comarca/Toques
Na medianoite deste xoves orixininouse un incendio nunha casa no municipio de Toques. O 112 Galicia foi alertado ás 00:06.

Tal e como informan os Bombeiros de Arzúa viuse afectada a cheminea dunha casa do lugar de Castelo, na parroquia de Paradela.
Publicidade
"Procedeuse ao arrefriamento do conducto interior da cheminea debido ao risco de propagación a outras estancias, xa que nas medicións se detectou unha elevada temperatura en diferentes partes do tiro desta", indican os Bombeiros de Arzúa.
댓글