Orixínase un incendio nunha cheminea dunha casa en Palas de Rei
- ecosdacomarca

- 17 oct 2023
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Palas de Rei

Este martes orixinouse un lume nunha vivenda dunha casa de Palas de Rei, en concreto predeu na cheminea pola mala combustión. O 112 Galicia foi alertado ás 19:06 euros.
A vivenda, tal e como informa Protección Civil, está situada no lugar de Carballido, na parroquia de Vilareda.
Publicidade
Só ardeu a feluxe e por sorte non houbo que lamentar danos personais e tampouco máis materiais.
Colaboraron na extinción Protección Civil de Palas de Rei, o GES de Monterroso, a motobomba municipal e a brigada de incendios municipal.
Publicidade








Comentarios