top of page

Orixínase un incendio nun piso de Silleda

Ecos da Comarca/Silleda

Esta mañá orixinouse un incendio nun edificio en pleno centro de Silleda. Foi un único piso, un dúplex, o que se viu afectado. En concreto, o 112 Galicia foi alertado ás 8:43 horas por un particular tras ver fume saír por unha fiestra.

O edificio onde está o piso afectado. Autor: Bombeiros de Silleda.

O suceso ocorreu na rúa María Colmeiro e todo parece indicar que o incendio comezou nun colchón. Por sorte, non houbo que lamentar danos persoais, xa que nese momento non había ninguén no seu interior.

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

O lume foi sofocado polos Bombeiros de Silleda e ata o lugar tamén se desprazou a Policía Local.

Comentários


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page