Orixínase un incendio nun galpón en Camanzo que acabou afectando a apeiros de labranza
- ecosdacomarca
- 26 jun 2022
- 1 Min. de lectura
Foi un neno de dez anos o que deu a voz de alarma xa que a súa avoa atópase nunha cadeira de rodas
Ecos da Comarca/Vila de Cruces
Onte, sábado, rexistrouse un incendio no municipio de Vila de Cruces. Sobre las 16:00 horas, Protección Civil da localidade foi alertada polo 112 debido a un incendio en San Martiño, na parroquia de Camanzo.

"Desprazámonos ao lugar e atopámonos un galpón con apeiros de labranza que estaban ardendo", indica Protección Civil. Ao mesmo tempo, chegaron os Bombeiros do parque de Silleda e a Garda Civil de Vila de Cruces.
"Procedeuse a apagarlo enseguida, sen ter que lamentar danos persoais, só apeiros de labranza. Destacar que nese momento na casa, só estaba un neno de 10 anos, que foi o que chamou ao 112, e a avoa, unha persoa maior que usa cadeira de rodas. As indicacións que deu o neno, pese a súa corta idade, foron exactas e precisas para chegar ao lugar do incidente", recalca Protección Civil.
Opmerkingen