Orixínase un incendio nun edificio de Touro
- ecosdacomarca

- 26 mar 2025
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Touro
O parque provincial de Arzúa recibiu aviso onte, martes, sobre as 19:10 horas por un incendio nun edificio na rúa Castelao, no concello de Touro, tal e como informa o gabinete de prensa do Consorcio Contra Incendios e de Salvamento A Coruña.

Ao chegar ao lugar, o dono da vivenda afecta facilitoulles o acceso e comprobaron que o lume se producira nun calefactor do cuarto de baño, atopándose xa apagado.
Publicidade
Os bombeiros procederon a facer as correspondentes medicións de gases no domicilio, que deron negativo, rematando o servizo ás 20:00 horas.







Comentarios