top of page

Orixínase un incendio nun baixo en Arzúa

Ecos da Comarca/Arzúa

Un baixo de Arzúa viuse afectado este martes por un incendio que se saldou sen danos persoais. O 112 Galicia foi alertado ás 13:15 horas.

O local, tal e como informa o 112 Galicia, está situado na rúa Alcalde Juan Vidal. "É un local comercial con cociña e víronse afectados a campá extractora e o moble que está ao redor", indica o 112 Galicia. Como consecuencia, enchéronse de fume as escaleiras do edificio e o propio inmoble. "Foron os veciños os que xa sufocaron o lume e agora os Bombeiros de Arzúa están enfriando o lugar e vendo que todo esté correcto".

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

Ademais dos bombeiros, deuse aviso á Policía Local e a Protección Civil da localidade.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page