Orixínase un incendio na cheminea dunha casa de Visantoña que afectou tamén ao andar superior
- ecosdacomarca

- 23 abr 2022
- 1 min de lectura
Ecos da Comarca/Santiso

Esta tarde producíronse varios incendios na comunidade galega e entre eles un no municipio de Santiso. Ás 16:15 horas ardeu unha cheminea por culpa do feluxe acumulada no seu interior, tal e como informa o 112 Galicia. Por mor das altas temperaturas alcanzadas, as lapas arrastráronse ao andar superior da casa e acabaron por afectar un armario. Ocorreu nunha vivenda no lugar de Visantoña, no concello de Santiso e, por fortuna, ninguén resultou ferido.
Foi a chamada de alerta dunha persoa particular o que permitiu activar o operativo que contou coa intervención dos Bombeiros de Arzúa e da Garda Civil.







Comentarios