Orixínase un incendio forestal en Melide preto de vivendas
- ecosdacomarca

- 12 jul 2025
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Melide
Onte, venres, orixinouse un incendio forestal nunha finca urbana de Melide, tal e como informa o gabinete de prensa do Consorcio Provincial Contra Incendios e Salvamento da Coruña.

Os bombeiros do parque Provincial de Arzúa recibiron o aviso sobre as 18:20 horas de onte, 11 de xullo, polo incendio nunha finca urbana preto de vivendas, na rúa Martagona, no que non resultou ningunha persoa ferida ou afectada.
O lume nesta finca urbana estaba preto do polideportivo e do instituto e ao carón de vivendas.
Publicidade
Á súa chegada ao lugar, os bombeiros provinciais controlaron o lume coa axuda do nodriza. Unha vez extinguido o lume, procederon a arrefriar toda a zona para asegurar o lugar da incidencia.

Publicidade
Completaron o operativo a patrulla forestal e Garda Civil.








Comentarios