Orixínanse dous incendios forestais en Palas de Rei, un na zona onde Altri pretende instalarse
- ecosdacomarca
- 30 jun
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Palas de Rei
Onte domingo, orixináronse dous incendios forestais no municipio de Palas de Rei. Un deles tivo lugar na zona onde Altri pretende instalar a súa fábrica.
Tal e como informa a Consellería de Medio Rural o primeiro lume afectou á parroquia de O Carballal. Correspóndese a un conato que comezou ás 19:51 horas de onte e estivo controlado dende as 01:20 da madrugada deste luns.
A superficie afectada é de 0,3 hectáreas. E mobilizáronse para a súa extinción 4 axentes, 7 brigadas, 5 motobombas, 1 técnico, 2 helicópteros e 4 avións.
Publicidade
Por outra banda, ás 20:30 horas iniciábase outro no Remesedo, na parroquia palense de Ramil, na zona onde Altri pretende implantarse. Tal e como informa Medio Rural quedou extinguido ás 23:05 de onte.
Nas labores de extinción participaron 3 axentes, 4 brigadas, 1 motobomba, 1 técnico e 2 helicópteros. Arderon 0,32 hectáreas.
Publicidade

Tamén se desprazaron os efectivos do GES de Friol-Palas e os Bombeiros do Parque Provincial de Arzúa por haber na zona unhas granxas.
Comments