top of page

Olaia Conde e Tamara García logran un primeiro e segundo posto na San Silvestre de Lousame

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

A outra galaica Enara Fernández consigue unha segunda posición no trail curto de 15 quilómetros


Ecos da Comarca/Deza

O GTR Galaico Trail Run tivo representación na San silvestre de Lousame e obtivo moi bos resultados. "As e os corredores brillan a pesar de ser un día no cal a climatoloxía fixo todo o posible para dificultar a proba, xa que non parou un só intre de chover xa dende a noite anterior o cal fixo que os participantes tivesen que realizar un sobresforzo para loitar contra as caídas e lameiros que se atoparon no percorrido", indica o clube.


No trail longo con 26 quilómetros de percorrido, Olaia Conde brilla acadando o primeiro posto en féminas cun tempo de 2h 44 e a escasos tres minutos a outra Galaica Tamara García entra en segunda posición acompañándoa no podium.

Por outra banda, na parte masculina Gustavo Villar completa o percorrido nun magnífico tempo de 2h19' o cal o sitúa de posto 17° na xeral e Belén Riádigos entra en meta con 2h 57' cun 5° posto de féminas.

Por outra banda, no trail curto con 15 quilómetros de percorrido "a nosa socia Enara Fernández logrou un segundo posto con 1h 57' e Margarita Blanco cun posto 19° en féminas e un tempo de 2h 40'".

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page