top of page

Oito cooperativas agrogandeiras de Deza reciben subvencións da Deputación para impulsar o sector

Ecos da Comarca/Deza

No marco da súa aposta polo impulso do sector primario, a Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra concederá ds subvencións dirixidas ás cooperativas agrogandeiras da provincia, cun investimento total de 234.142 euros. Son achegas que beneficiarán a un total de 17 cooperativas de 11 municipios e que lles permitirán modernizar equipamentos e as súas instalacións. En concreto, as achegas, cuxo importe vai desde os 899 e os 31.500 euros, irán a parara a cooperativas dos municipios de Barro (1); Cambados (1); Forcarei (1); Lalín (7); Meaño (1); Portas (1); Redondela (1); Ribadumia (1); Rodeiro (1) e O Rosal (2).

O maior número de entidades concéntrase na comarcas do Deza e Tabeirós-Terra de Montes, onde recibirán achegas sete cooperativas de Lalín: Cobideza Sociedade Cooperativa, que percibirá unha achega de 30.654 euros coa que poderá realizar investimentos na súa tenda social e na nave de garda da maquinaria; Aprodeza (5.873€), para a adquisición de ferramentas para a reparación do parque de maquinaria; Campodeza (15.771€) para compra de maquinaria agroforestal; Cooperativa Gandeira de Botos (7.062€), que financiará a adquisición de diversa maquinaria agroforestal; Sociedade Cooperativa Gandeiros do Deza (31.500€), que comprará un remolque esparcidor; Val do Deza (6.999€), que poderá adquirir diversa maquinaria agrícola e un surtidor e Xuncoga (19.460€), que realizará traballos de mellora nas súas instalacións e mercará dous elevadores.

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Ademais, tamén recibirá unha achega de 11.303 euros a Cooperativa Agrícola de Forcarei, que a empregará para a compra dunha furgoneta, un apañadoiro de patacas e a instalación dun sistema informático; así como a Cooperativa O Rodo de Rodeiro, que terá unha axuda de 25.422 euros para adquirir unha segadora, varios programas, un ecógrafo e a realización dun proxecto técnico.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page