top of page

Oitavo posto para os dezás Javier Ramos e Álex Moure no 57 Rali de Ourense

Ecos da Comarca/Deza

Ourense albergou a cuarta do Supercampeonato de España de Rallyes de Asfalto, unha proba de máximo nivel automobilístico e organizativo a nivel nacional. Tras unha espectacular cerimonia de saída, celebrada a noite do xoves, os participantes deberían superar 14 tramos cronometrados ata completar 160 km cronometrados. A nivel deportivo, a loita a tres bandas entres José Antonio “Cohete” Suárez, Alejandro Cachón e Diego Ruiloba, os tres pilotos asturianos, foi de alta voltaxe durante toda a fin de semana. Finalmente Cohete-Iglesias lograban a vitoria por diante do local Javier Pardo – De la Puente e de Cachón – Rozada.

Pola súa banda, os dezás Javier Ramos e Álex Moure saían á cita ourensá cun ritmo cómodo que lles permitise estar no TOP10 do rallye e sen asumir riscos innecesarios nun rali longo e complicado.


Publicidade

Preme na imaxe para inscribirte e obter máis información.

Finalmente os dezáns, a pesar dun par de contratempos (rotura da palanca de cambios en Amoeiro-1 e tras quedar sen dirección asistida en Castrelo de Miño-2 debido á rotura dunha correa), lograban o obxectivo chegando ao parque pechado final, situado no Parque de San Lázaro da capital ourensá, nun cómodo oitavo posto final.


Publicidade

Preme na imaxe se queres saber máis deste evento.

“Obtivemos un bo resultado para o equipo. O noso ritmo foi bo aínda que lonxe dos participantes habituais do SCER tal e como esperabamos. Enfrontabámonos a equipos “semiprofesionales” con pilotos moi novos que están moi preparados e teñen un gran ritmo de competición. Fomos regulares e grazas a isto puidemos chegar ao final que era o noso obxectivo. A intención é poder participar, dentro de tres semanas, no Rallye Rías Baixas, a próxima cita do Supercampeonato de España de Rallyes”.

Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page