top of page

Ofrecen 6.000 euros a quen atope ao octoxenario perdido en Friol que tamén buscan por Palas de Rei

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

A familia e o Concello promoven conxuntamente esta nova iniciativa para reactivar a busca de José Luis Iglesias "con savia nova e desde outra perspectiva"


Laura Moure/Xeral

O alcalde de Friol, José Ángel Santos, informou hoxe que a familia de José Luis Iglesias, o octoxenario deste municipio que se atopa desaparecido, e o Concello recompensarán con 6.000 euros á persoa que dé co seu paradoiro. A este veciño tamén o están buscando polo municipio de Palas de Rei. "A familia e o Concello promoven conxuntamente esta nova iniciativa para reactivar a busca de José Luis con savia nova e desde outra perspectiva", resalta o alcalde de Friol.

O pasado 4 de setembro desapareceu José Luis Iglesias, un home de 80 anos, cabeza de familia, e veciño de Friol. Atopouse o seu vehículo nunha pista forestal do monte de Carballo, parroquia natal na que residía. Os seus fillos, desesperados, xunto co Concello de Friol, ofrecen unha recompensa de 6.000 euros a quen o atope", sinala o rexedor.


O operativo de busca comezou a organizarse a medianoite do domingo día 4, día no que se denunciaba a desaparición do home. Desde entón, os equipos de busca patearon a zona, coa Garda Civil, incluso con cans de rastreo, membros do GES, Protección Civil, veciños de Friol, voluntarios, helicópteros e mesmo drons, sen éxito.


Última pista

"Desde o pasado 10 de setembro, cando apareceu un novo indicio, onde un transportista dixo ter visto a José Luis, o que alimenta a busca do octoxenario, ampliando o dispositivo de busca á parroquia de Condes e mesmo ás parroquias limítrofes dos concellos de Guntín e Palas de Rei, non habendo resultados positivos ata agora", lamenta Santos.


Ante isto e despois de máis de dúas semanas "de intensa busca sen máis pistas nin indicios, a familia, acompañada polo Concello de Friol, agradecen a colaboración e implicación das persoas que formaron parte do dispositivo de busca durante estes días.

Nestes momentos seguen sen perder a esperanza de atopar a José Luis e tratan de levantar a moral do operativo, así como de incorporar xente fresca cunha nova visión e mesmo especializada nestes casos, dando compensación económica a quen consiga o obxectivo de atopar a José Luis. A familia insiste en agradecer enormemente toda a colaboración recibida durante estes días, que están sendo tan difíciles para eles", recalca o mandatario de Friol.

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Santos tamén comparte este enlace no que se indica a zona onde se está buscando a este veciño, incluídas zonas de Palas de Rei, e o lugar no que apareceu o seu vehículo:


NOTICIA RELACIONADA:


 
 

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page