Laura Moure
Os tempos van mudando, a necesidade de reinvertarse xorde e con ela novas profesións. Isto tamén provoca que oficios de antano estén en perigo de extinción ou moitos xa pasaron á historia literalmente. Os canteiros, os ferreiros, os zoqueiros, os afiadores ou os augardenteiros que se dedicaban a ir polas casas para facer a augardente, ribeiro ou caña, como se chame en cada zona. Cargados cos seus alambiques e con todo o necesario elaboraban esta bebida coa que se acompaña o café ou incluso, máis dun dos nosos maiores confesaron que á mañá lle metían unha copa dela para enfrontarse ao duro traballo do campo. Nas mallas tamén se adoitaba tomar polo medio da faena para repoñer forzas.
Cabe destacar que coa chegada da industria, do traballo en cadea... moitos destes profesionais viron mermado o seu quefacer, pero a súa calidade seguro que non foi superada porque o artesanal sempre vai por diante. E concretamente, no caso da augardente desde fai anos a lei persegue as actuaciones contra a destilación non regulada o que provocou que moitos deixaran de ir casa por casa ou se limitasen só a facela para consumo propio.
Comments