top of page

'Oficios en Miúdo' é un proxecto que pon en valor o patrimonio social e cultural galego

Nesta iniciativa forman parte a arzuá Leticia Vieites e a rodeirense Patricia Hermida




Laura Moure/Arzúa/Rodeiro

Oficios en Miúdo é unha desas iniaciativas marabillosas que contribúen a conservar as nosas tradicións e a nosa historia. Detrás deste gran proxecto atópase o profesorado e o alumnado do terceiro curso da materia Didáctica da Expresión e Comunicación Corporal impartida no Grao en Mestre ou Mestra en Educación Infantil da Universidade de Santiago de Compostela. E en total son 30 alumnas e alumnos que están inmersas/os nun proxecto chamado Expresión Corporal e Aprendizaxe-Servizo, tamén coñecido como EXCORAS, sendo ApS a metodoloxía educativa "que nos permite traballar e aprender os diversos contidos da materia ao mesmo tempo que prestamos servizos á comunidade". Entre estes alumnos figuran a arzuá Leticia Vieites e a rodeirense Patricia Hermida.


"Con todo, cabe sinalar que contamos para a realización do noso proxecto con axuda da propia Universidade de Santiago de Compostela así como coa colaboración de dúas asociacións da capital, tales e como son “Arc Os Tilos” (Teo) e a “Rede de Asociacións Culturais de Santiago”. En concreto detrás deste proxecto, ademais destas veciñas de Arzúa e de Rodeiro están Andrea Aldrey, María Alonso, Milagros Angueira, Alexia Besada, Roberto Bolaño, Celia Carracedo, Andrea Celada, Nerea Cuquejo, Andrea Currás, Alba Fernández,Mateo Fernández, Raquel Garrido, Ana Iglesias, Uxía Lamas, Patricia Leal, Lucía López, Sara Marcos, Laura Mariño, Minia Míguez, Carlota Poceiro, Lara Porto, María Quiñones, Javier Rico, José Eugenio Rodríguez, Miguel Romero

Amalia Romero, Irea Salgado, Ana Seijas, Lucía Senra e Lara Timiraos.

Este proxecto está destinado a familias e crianzas de entre 0 e 6 anos (correspondente coa

etapa de Educación Infantil) así como a profesorado e centros que queiran disfrutar do descubrimento dos oficios tradicionais ao mesmo tempo que se fomenta o xogo e a expresión corporal. "Os obxectivos que nos propoñemos son os seguintes: poñer en valor o patrimonio social e cultural galego dando a coñecer os diferentes oficios tradicionais, desenvolver a expresión e comunicación corporal e desenvolver competencias docentes a través da posta en marcha dun proxecto de Aprendizaxe-Servizo".


Por unha banda, sinalan que a súa proposta consiste nunha serie de cinco sesións nas que "traballamos diferentes oficios tradicionais galegos mediante a axuda da personaxe/mascota que creamos para o propio proxecto. Ademais, ao rematar cada unha destas, deberán facer un debuxo sobre os oficios que traballaron na sesión para, ao concluír todas, completar o pasaporte que os habilitará para poder xogar na outra das nosas propostas dentro de Oficios en Miúdo: un xogo de mesa. Este consistirá nun dado con seis caras, representado cada unha destas cunha actividade diferente a realizar, coa finalidade de xogar tanto entre as crianzas como coas familias".

Por outro lado, recalcan que fomentan "o traballo feito durante o proxecto creando contido nas redes sociais feitas con esta finalidade mediante a publicación de entrevistas realizadas a persoas vencelladas a algún dos oficios recollidos posto que traballan ou traballaron diso, fotografías que imos realizando da elaboración do proxecto... "De por parte, como ben sinalamos anteriormente, contamos cunha mascota ou personaxe característica para este proxecto: Carmela, A Labrega, quen vai ir acompañando aos nenos e nenas de “Arc Os Tilos” así como ás súas familias e calquera outra persoa que queira participar neste a través das redes sociais durante a nosa proposta". Á súa vez, cabe sinalar que tamén ligan Oficios a Miúdo a unha peza de Pablo Díaz titulada A pulga na palla (2014) debido a que comparten a mesma esencia dos oficios tradicionais galegos.


Os seus comezos

Pero cando arranca este magnífico proxecto? Esta andaina comeza o 1 de febreiro do ano 2022, no primeiro día da materia de “Didáctica da Expresión e Comunicación Corporal”, onde, como lembran, o profesor, Javier Rico, "nos explicou o traballo que viña propoñendo dende fai algúns cursos grazas a unha metodoloxía ApS (Aprendizaxe-Servizo) e á que todos e todas accedimos xa que nos permitía ter un contacto moito máis próximo coas crianzas e coa comunidade educativa, feito que nos parece moi significativo e relevante para a nosa futura labor docente. Con isto, realizamos unha choiva de ideas para compartir diversos temas de interese sobre os que podía xirar o proxecto, así como os diversos contidos que podíamos ter en conta á hora de realizalo". E unha vez feito isto, sinalan que "dispuxémonos a analizar nas seguintes sesións as posibilidades que nos ofrecían as diferentes propostas, decantándonos, finalmente, polos oficios tradicionais galegos xa que consideramos que pode ser unha moi boa opción para, por unha banda, poñer en valor e evitar o seu esquecemento e, por outra, desenvolver e fomentar a expresión corporal".


O seguinte paso foi a búsqueda de maneira individual de diferentes oficios tradicionais da zona de cadaquén para, posteriormente, deixalos rexistrados nun cuestionario co fin de conseguir unha listaxe que lles permitise realizar unha escolla daqueles que máis se adaptasen aos contidos que tiñamos pensado traballar. "Deseguido, na seguinte clase establecimos cinco categorías nas que se podían encadrar os diferentes oficios que resultaron do devandito cuestionario, polo que o seguinte paso foi dividirnos en cinco grupos diferentes para tratar cada unha delas. Deste xeito, resultaron:

zapateiro/a, zoqueiro/a; canteiros/as, alfareiros/a, oleiros/as...; muiñeiros/as; gastronomía (leiteira/o, gandeira/o, labrega/o, peixeira/o e viticultor/a) e mar (mariñeiros/as, percebeiros/as, redeiras/os...)".


Así mesmo, contan que para a realización da proposta, "decantámonos por conformar unha serie de comisións, tendo cada unha delas unha serie de funcións a realizar. Así, cada integrante do proxecto elixíu unha destas cinco categorías dependendo das súas preferencias, potencialidades e intereses. Estas serían: a comisión pedagóxica, xestión do blog, redes sociais e comunicación, xogo de mesa e entrevistas. Con todo, cabe sinalar que pese a ser comisións con finalidades diferentes e, polo tanto, con tarefas diferentes, seguimos poñendo en común aspectos relacionados coa nosa proposta. Un medio para facelo son nas sesións expositivas, nas que expoñemos como foi o traballo en “Arc Os Tilos” (como se desenvolveron as sesións, a acollida que tivo, os aspectos que consideran que temos que ter en conta nas vindeiras sesións...), ademais de comentar diversas cuestións relacionadas co traballo de comisións e seguimento do proxecto. Tocante ás sesións interactivas, realizamos a sesión destinada a “Arc Os Tilos” para, ao rematar, sinalar os puntos que máis poden interesar aos nenos e nenas, suxestións de mellora...".


Os interesados en coñecer máis deste proxecto poden acceder ao blog a través do seguinte enlace https://sites.google.com/view/oficiosenmiudo?fbclid=IwAR0cg4bGxa7PoOinardfDhJ

P9d4Zu0m4fepLq_dgY_02py3wGr61CWkldC4 ; do correo electrónico oficiosenmiudo@gmail.com; do Facebook: Oficios en miúdo; de Instagram: @oficiosenmiudo; de Spotify:https://open.spotify.com/playlist/3yzptP5z0lU47mgCIcccWN?si=20ab79bc3ce44d59&nd=1 ; de TikTok: @oficiosenmiudo e de Twitter: @oficiosenmiudo

Comentários


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page