top of page

Oficialización por parte da igrexa da ruta dos peregrinos ao seu paso por Touro

O director da fundación da Catedral acordou encargar os traballos para incorporar este itinerario aos sistemas informáticos da Igrexa, que permitirán a concesión da compostela


Laura Moure/Xeral

O Concello de Touro informa da oficialización por parte da igrexa da ruta dos peregrinos ao seu paso por Touro. Este venres o odirector da Fundación Catedral, Daniel Lorenzo, recibiu ao concelleiro de Turismo Darío Rey na sede do arzobispado.

Na reunión o concelleiro aportoulle toda a documentación relativa á ruta dos peregrinos Eurovelo 3 -Camiño do holandés e solicitou o recoñecemento oficial por parte da igrexa deste itinerario. O director da fundación da Catedral respondeu afirmativamente a esta proposta e acordou encargar os traballos pertinentes para incorporar este itinerario xacobeo aos sistemas informáticos da igrexa, que permitirán a concesión da compostela. Este recoñecemento oficial suporá un gran impulso para esta variante do Camiño de Santiago francés en bicicleta.


Publicidade

Preme na imaxe se queres saber máis deste evento.

Promoción en Países Baixos do Camiño ao seu paso por Touro

O pasado mes de febreiro o concelleiro de Turismo e o de Promoción Económica viaxaron ata Países Baixos co fin de establecer contactos con organizacións locais ligadas ao Camiño.


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Froito destas reunións, nos vindeiros meses publicaranse varios artigos sobre a ruta dos peregrinos ao seu paso por Touro en dúas das revistas holandesas sobre turismo máis lidas. O obxectivo é incrementar o número de cicloturistas que nos visita e a repercusión económica no municipio, creando novas oportunidades de negocio.

コメント


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page