top of page

Obxectivo: castrar á gata Chispa de Vila de Cruces


Bigotes de Lalín fai un chamamento á responsabilidade e a participación cidadá en canto ao abandono animal e considera que esta cuestión debe ser escoitada con seriedade por parte dos gobernantes municipais


Laura Moure/Deza

A Asociacion Protectora Bigotes Colonias De Gatos De Lalín cóntanos que ela xuntos a outras dúas asociacións protectoras colaboran nunha operación conxunta: castrar unha gata de Vila de Cruces. Ademais, tamén conseguiron curar as feridas da gata Michiña.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Isto é o que nos conta o colectivo lalinense:

A historia de Chispa é a historia de calquera gata de calquera vila ou concello onde non se

xestiona desde a administración local o abandono felino. A súa vida transcurriría marcada pola necesidade de conseguir comida, fuxir sen maiores danos dos múltiples perigos..e parir varias camadas ao ano.


Michiña sabe ben dos perigos da vida de felino rueiro e apareceu cunha ferida bastante

profunda e totalmente infectada no pescozo. Tanto Michiña coma Chispa contaron coa sorte inesperada de que unha voluntaria da Asociación Cuatro Gatos, de Cartagena, durante a súa estancia en Vila de Cruces, soubese delas e intentase axudalas....pero como?

Chispa.

A falta de respostas ao outro lado do teléfono confirma o que se sospeitaba... non hai xestión municipal, non hai medios veterinarios... A única vía, a colaboración entre asociacións con Bigotes de Lalín e Palleiráns da Estrada, que compartiron medios xunto coa voluntaria de Cuatro Gatos para poder conseguir o obxectivo. Todo grazas ao soporte das clínicas veterinarias que axudan a estas Asociacións donando tempo e traballo na medida en que poden.


O que temos claro as tres asociacións é que é fundamental que os Concellos se fagan cargo da responsabilidade de xestionar o abandono animal, tal como lles corresponde e tal como cada vez máis concellos están asumindo. A cidadanía non pode só contar con voluntarias organizadas en asociacións, moitas veces malinterpretadas no alcance das súas función e (sobre todo en certas épocas) atosigadas con peticións de axuda para as que a maioría das veces non hai medios nin económicos nen físicos ou humanos.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.

A demanda de axuda no que respecta á realidade do abandono animal nas nosas vilas está aí, e esas voces teñen que ser escoitadas con seriedade polos gobernantes municipais. Entendemos que dos concellos non se deben esperar medidas máxicas ou solución rápidas, pero si que comecen a afrontar este reto da xestión ética do abandono animal dunha maneira firme e con obxectivos realistas nun traballo no que pensamos que é imprescindible tamén a implicación da cidadanía. A solución só pode estar nas mans de todos nós: a veciñanza e as asociacións traballando colaborando coas concellerías.


Desde Bigotes de Lalín queremos facer un chamamento á responsabilidade e a participación cidadá: Son moitas as mensaxes nas que equivocadamente se nos contacta para “recoller gatos que aparecen”. Non sabemos que idea ten alguna parte da veciñanza sobre cal é a nosa labor, pero en ningún caso contamos con instalación que nos permitan dar residencia a animais, nin é esa a nosa labor, nin somos una xestora municipal. Tratamos de que cada vez máis a veciñanza se conciencie de que ten que ter os gatos “da casa ou de xardín” castrados para evitar camadas indesexadas que despois non saben como xestionar e só se limitan a que se responsabilice outro.

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Nós tratamos de que en Lalín haxa menos gatos rueiros e estean en mellores condicións, sempre colaborando coas persoas que os axudan a pé de rúa e que tamén necesitan un apoio.


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page