Será esta noite cando empecen os traballos de demolición da isleta na glorieta
Ecos da Comarca/Melide
O Concello de Melide informa de que se levarán a cabo obras na rotonda do centro melidense por mor da próxima apertura do tramo da autovía A-54 entre Palas e esta localidade.

Deste xeito, sinala que o Concello de Melide acaba de recibir un aviso de Conservación de Carreteras, dependente do Ministerio de Fomento, no que se informa que "esta noite comezarán os traballos de demolición da isleta na glorieta de Melide que conecta a N-547 coa AC-840. Posteriormente procederase ao repintado da glorieta, pintado de cedas e cebreado con pintura amarela".
Publicidade
"Dende o Concello de Melide lamentamos recibir esta comunicación a escasas hors do inicio dos traballos, o que dificulta poder informar coa antelación suficiente á cidadanía".
Commenti