top of page

O XXIV Concurso de Disfraces do Pino repartirá 2.300€ en premios o domingo 11 de febreiro

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

A contía dos galardóns increméntase en máis dun 22 por cento con respecto ao concurso de Entroido de 2023


Laura Moure/O Pino

O Concello de O Pino prepara a celebración do XXIV Concurso de Disfraces para o domingo 11 de febreiro, cun arranque previsto para as 17:30 horas na Praza do Concello. Nesta edición repartiranse un total de 2.300 euros en premios, o que supón un incremento de 425 euros, ou o 22,7 por cento máis con respecto ao ano pasado. A inscrición poderá facerse preferiblemente e con anterioridade á data do concurso por medios telemáticos ou no rexistro; ou ben na propia Praza do Concello unha hora antes do inicio do certame.

O concurso do Entroido 2024 inclúe sete categorías competitivas, cada unha delas con premios en metálico para recoñecer o talento e a creatividade dos participantes. Na categoría infantil (ata 12 anos), as gratificacións serán de 150 euros para o primeiro posto e de 100 euros para o segundo. Na categoría individual, o premio ascende a 150 euros, mentres que na categoría de parella os gañadores levarán para a casa 200 euros. Os grupos optarán a un premio de 300 euros, as comparsas a 700 e as carrozas a 500 euros. Ademais, o galardón ao disfrace máis orixinal ascende a 200 euros.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

OSeguindo as bases do Concurso, considerarase grupo cando se reúnan máis de 3 e menos de 9 participantes, todos eles representando un mesmo tema. As comparsas, por outra banda, deberán ter polo menos 10 integrantes e poderán ofrecer un breve espectáculo de 3 a 4 minutos no escenario, con posibilidade de utilizar música traída nun CD ou pendrive, indicándoo na solicitude e facilitándollo á organización antes do inicio do concurso.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.

Para a categoría de carrozas, será necesario xuntar un mínimo de 4 participantes

representando un tema enriba dun móbil. No escenario, poderán realizar un espectáculo

breve de 3 a 4 minutos. Lembramos que se considera carroza calquera estrutura remolcada por un vehículo motorizado ou construída sobre el, cunha decoración especial e cunha elaboración coidada, cun mínimo de dúas rodas e capaz de transportar a todos os

participantes.


O xurado valorará a orixinalidade do vestiario, a estética, a creatividade, a elaboración

dos disfraces, comparsas e carrozas (que sexa un traballo feito a man e que empreguen

materiais de refugallo). Tamén se terá en conta a posta en escena, a animación musical, a

capacidade de interacción co público, a mobilización de masas, a sátira e a crítica social

construtiva, ademais do uso do galego tanto oral como escrito.


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

A participación require a formalización da inscrición mediante a entrega da solicitude

correspondente. Estas poden presentarse previamente tanto na sede electrónica do

Concello como no rexistro municipal, en horario de 8:30 a 14:00 horas, de luns a venres. Tamén existe a posibilidade de anotarse na propia Praza do Concello a partir das 16:30

horas, antes de comezar o certame. O período de inscrición comezará ao día seguinte da

publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia da Coruña e

rematará o 11 de febreiro de 2024, antes do inicio do concurso.


A información completa sobre as bases do XXIV Concurso de Disfraces 2024, así como os

formularios de inscrición, pódense consultar na web municipal www.opino.gal.


0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page