top of page

O XXIV Concerto de Nadal da Banda de Música Municipal de Silleda abordará a música dos 80

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Actualizado: 16 dic 2024

A cita será o sábado 28 ás 19:30 horas no pavillón 1 da Semana Verde


Laura Moure/Silleda

O Concerto de Nadal organizado pola Banda de Música Municipal de Silleda volta á axenda cultural o vindeiro sábado día 28 cun espectáculo único protagonizado polos grandes éxitos da música pop dos anos 80. A cita, que terá lugar no pavillón 1 do recinto Semana Verde de Galicia, estará protagonizada pola la Banda de Música Municipal de Silleda e os catro cantantes profesionais que acompañarán á formación baixo a batuta de Rafael Agulló. Baixo o lema Rebobinando. El mejor pop de los 80, chegará a Silleda no concerto de Nadal deste ano un dos espectáculos máis novidosos de Infinity Eventos y Producciones, estrenado en 2017 no Teatre Serrano de Gandía.

Trátase dun concierto único no que os vocalistas Laia Benaches, Ángel Bellido, Aisha Bordas e Carlos Cabrelles rememorarán xunto ca Banda de Música Municipal de Silleda, con máis de 90 integrantes, as mellores canción do pop da década dos 80, cun coidado vestiario, unha escenografía fiel á época e videoproxeccións que trasladarán ao público de novo aos 80.


A cita foi presentada onte nas dependencias da escola polo presidente da formación, Herminio Gómez e o director da banda, Rafael Agulló, que estiveron acompañados pola alcaldesa, Paula Fernández, e a concelleira de Cultura, Mónica González.


Publicidade  

“É un espectáculo para desfrutar tamén en familia e que rememorará unha das épocas douradas da música pop”, indicou o director da formación silledense que destacou tamén a calidade dos vocalistas, algún deles presentes xa no concerto de Nadal de 2019 co festival de Eurovisión como protagonista, e cunha dilatada traxectoria en distintos espectáculos e musicais.


Pola súa banda a alcaldesa destaca a forte aposta da Banda de Silleda polo concerto de Nadal, que cada ano “sorprende con espectáculos innovadores e de primeiro nivel”.


No repertorio de Rebobinando figuran dende grandes éxitos do pop español (con temas de Mecano, Antonio Flores, Danza Invisible, Tino Casal ou Miguel Ríos, entre outros) a temas que marcaron toda unha época da man de artistas como Bonni Tyler, Queen, ou Steve Wonder.


Publicidade    

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Venda de entradas

As entradas para asistir ao espectáculo poñeranse á venda ao público o vindeiro mércores día 18, cun prezo de 14 euros (12 euros para persoas socias). Poderán mercarse nas instalacións da Escola de Música de Silleda, en horario de 19:00 a 21:00

horas.


Dende a Banda de Música Municipal o seu presidente, Herminio Gómez, agradece a colaboración da Anpa Musiquiños, o Concello de Silleda, a Fundación Semana Verde e

a Deputación de Pontevedra na celebración do concerto.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page