top of page

O XX Merzapercursión marca o ritmo esta semana en Vila de Cruces

Laura Moure/Vila de Cruces

O pasado domingo, 13 de xullo, arrancou o XX Merzapercursión que se desenvolverá ata o 17 deste mes na parroquia cruceña de Merza. Deste xeito, chega a vinte edición dun dos cursos máis lonxevos do panorama nacional.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Tal e como explican dende a organización, Merza Percusion está dirixido a rapazas e rapaces maiores de 10 anos (ou que vaian cumplilos neste 2025) que están dando os seus primeiros pasos na percusión tanto en escola de música, banda ou conservatorio; estudantes de grado profesional ou nivel intermedio que queiran expandir e complementar a súa formación e experimentar a percusión nas súas diferentes vertentes musicais e creativas e a alumnado de grao superior ou nivel avanzado que queiran complementar

a formación clásica aprendendo doutros estilos, técnicas e instrumentos.


Ao longo desta semana, hai clases grupais dun máximo de 12 alumnos/as agrupados/as segundo o curso/nivel. E cada xornada organízase do seguinte xeito:

  • 4 sesións matinais pasando por diferentes áreas: aula clásico/contemporáneo, aula

corporal e reciclados, aula percusión africana e aula de folk.

  • Polas tardes: actividades complementarias como masterclases, concursos, andainas

e performances.Tamén disporán de tempo libre e actividade de lecer baixo a supervisión do equipo de monitores para o alumnado menor de idade.

  • Cada día finaliza cos concertos do FIP: o Festival Internacional de Percusión que

transcorre de forma paralela ó curso e ofrece a todas/os as/os participantes concertos diarios a cargo de grupos e proxectos que mostrarán a percusión en diferentes estilos.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Por último, o alumnado do curso participará no “Merza Reunion”: un concerto o último día de curso a modo de mostra do traballo realizado durante as catro xornadas de curso.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page