top of page

O XVI Festival de Teatro Escolar de Palas de Rei celebrarase o sábado 13 de abril

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Participarán nesta xornada cultural máis de 130 actores e actrices de tres Aulas de Teatro de diferentes puntos xeográficos de Galicia (Palas de Rei, Touro e Teo)


Laura Moure/Palas de Rei

Este mércores presentouse en Palas de Rei o XVI Festival de Teatro Escolar de Palas de Rei que se celebrará o sábado, 13 de abril, na aldea de Vilar de Donas e na Casa de Cultura de Palas de Rei. Este evento está organizado polo Concello palense, o Obradorio Municipal de Teatro de Palas de Rei, a Asociación Cultural A Capela, a Asociación Cultural Os Lobos, a Coral Polifónica de Palas de Rei, Metátese Teatro e Alentía Teatro.


Na presentación participaron o alcalde desta vila, Pablo Taboada Camoira; o presidente da Asociación Cultural A Capela, de Vilar de Donas, Raúl López Rodríguez, a representante da Coral Polifónica de Palas de Rei, Ana Belén Rodríguez Casanova; André Vázquez García, María José Mourenza García e Gema Buján Mosteiro en representación de Metátese Teatro e Alentía Teatro.


Participarán nesta xornada cultural máis de 130 actores e actrices de tres Aulas de Teatro de diferentes puntos xeográficos de Galicia (Palas de Rei, Touro e Teo). O programa deste Festival é o seguinte:

Haberá un roteiro teatral, musical e poético ás 16:00 horas na aldea de Vilar de Donas, con motivo da conmemoración do seu 800 aniversario, que estará protagonizado por alumnado, familias e profesorado do Obradoiro Municipal de Teatro de Palas e polas Asociacións Culturais A Capela, Os Lobos, Palacio do Rei e A Coral Polifónica de Palas.

Este roteiro combinará música, teatro, poesía e xogos e persegue varios obxectivos: achegar diferentes xéneros teatrais á poboación, a interrelación entre persoas de diferentes idades e localidades, a aproximación do alumnado ao mundo rural e a súa posta en valor, a transmisión do tecido cultural das xeracións que nos precederon, a posta en práctica dunha educación inclusiva e adapatada á diversidade do alumnado. O punto de partida será o campo da festa e transcurrirá por diversos carreiros da aldea e terá como foco central a Igrexa de Vilar de Donas.


Ás 19:30 horas, na Casa de Cultura de Palas, O Obradoiro Municipal de Teatro de Palas de Rei, a Aula de Teatro do CPI Fonte Díaz de Teatro e A Aula de Teatro do IES de Cacheiras porán en escena o espectáculo Á luz das candeas.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Á luz das candeas presenta desde una perspectiva dinámica, cómica e pedagóxica, diversas historias que invitan á reflexión sobre valores como a cultura da paz, a inclusión, o respecto ao medioambiente, a solidariedade, a integración, a igualdade… Trátase dun espectáculo vertebrado ao redor das historias que varias persoas maiores do rural lle relataron ao alumnado e que este teatralizou.


Este traballo coral e interxeneracional establece unha defensa das relacións humanas baseadas no diálogo, o respecto, a humildade… e pon de manifesto a empatía con aqueles que sofren. Trátase, asemade, dun espectáculo que pretende alentar ao desfrute dos sentidos e amosar un mundo que baila, que soña, que ri, que vibra de emoción… pero que moitas veces non percibimos por non mirar con outros ollos. ARRIBA O PANO!!!


Este Festival permite que o alumnado das tres Aulas de teatro interactúe e propicia que amose conxuntamente o traballo realizado durante o curso teatral que se desenvolve ao longo do curso académico 2023/24 nas tres localidades; ademais de integrar a persoas con diferentes capacidades, de intercambiar experiencias e traballar conxuntamente nun obxectivo común: a posta en escena dunha obra teatral. Insírese dentro dunha xira de funcións que comezou o día 7 de marzo no Teatro Principal de Ourense, continuou en Touro o 16 de marzo e proseguirá en Cacheiras, Sestao, Caen e Bruxelas.

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comentários


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page