top of page
Foto del escritorLaura Moure

O xurado do Concurso “Balbino” de Relatos reúnese mañá para elixir a obra gañadora da oitava edición

Presentáronse preto dunha trintena de orixinais que optan a un premio dobre


Laura Moure/Xeral

O xurado do Concurso “Balbino” de Relatos, reunirase mañá martes 12 de setembro, no Pazo de San Roque (en Santiago de Compostela) para dar a coñecer o seu fallo e anunciar a obra gañadora desta oitava edición.

Participantes

De periodicidade anual, os requisitos que debían cumprir os orixinais presentados requirían unha extensión de entre 100.000 e 200.000 caracteres, ser textos inéditos, escritos en galego e centrarse na temática galega, co rural, o mar ou a emigración como protagonista. Pódese ver as bases en www.concursobalbino.com


Publicidade

Nesta oitava edición, presentáronse preto dunha trintena de orixinais que optan a un premio dobre, unha aportación económica por valor de 1.500 euros e a publicación da obra por Edicións Fervenza.


Colaboracións

O Concurso “Balbino” de Relatos conta coa colaboración da Consellería de Cultura e Turismo, a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, o departamento de Cultura e Lingua da Deputación de Pontevedra, a Fundación Xosé Neira Vilas, e os

concellos de Boqueixón, Silleda e Vila de Cruces.


Publicidade

Edicións anteriores

Na anterior edición, en 2022, resultou gañadora a obra “A comuna de Valdonelle”, de Carlos Neira Suárez, que se sumou á lista de títulos premiados: “Gumes entre a néboa”, de Xosé Alfredo Naz Fernández no 2021; “Bica de Montouto”, de Pepe Peinó no 2020; “B.S.O. Banda Sonora Orixinal”, de Pablo Nogueira no 2019; “Máis alá do río do esquecemento”, de Ricardo Ferreiro Almeda en 2018; “De que falarán as árbores”, de Ricardo Cid Paz en 2017; e “Camiños na sombra”, de Xián Lois Alcayde Dans na primeira edición en 2016.

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page