top of page
Foto del escritorLaura Moure

O xoves abre o prazo de inscricións no campamento de verán do Servizo Lúdico Educativo de Silleda

Trátase dun servizo de conciliación familiar durante as vacacións de verán que vai dende o 24 de xuño ata o 10 de setembro


Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda, a través da concellería de Educación, volve organizar para este verán o campamento do Servizo Lúdico Educativo, co obxectivo de facilitar a conciliación

familiar. O campamento terá lugar do 24 de xuño ao 10 de setembro de 2024, coincidindo coas vacacións escolares. O horario do servizo será de luns a venres de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas.

Coma outros anos, o campamento de verán realizarase nas instalacións do CEIP Plurilingüe de Silleda e no CEIP Ramón de Valenzuela de Bandeira.


Poden participar todos os nenos e nenas de 3 a 12 anos (alumnado de Infantil e Primaria)

empadronados no Concello de Silleda. Só se aceptarán menores non empadronados neste municipio cando existan prazas libres e non serán aplicables os descontos nas taxas, tal e como se estipula na normativa municipal ao efecto. A selección realizarase de acordo ao regulamento.


Publicidade

As persoas que queiran inscribir aos seus fillos e fillas no campamento deberano facer a través do rexistro municipal, de xeito presencial ou telematicamente. A documentación que hai que presentar atópase dispoñible na web do Concello. O prazo de solicitudes vai dende este xoves día 2 de maio ata o xoves 16 de maio.


0 comentarios

Commentaires


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page