"Estou moi feliz despois dunha ronda final intensa"
Santi Tarrío co seu trofeo.
(Autor: Facebook Tarrío)
L.Moure/IsmaelRS/Touro
O xogador profesional de golf Santi Tarrío alcanzou este domingo a vitoria no D+D Real Czech, torneo do Challenge Tour que se disputou no Golf & Spa Kuneticka Hora de Dritec, na República Checa. El é natural da parroquia de Foxás (Touro).
O triunfo de Tarrío foi apaixonante. Asinou 64 golpes cun parcial marabilloso de oito baixo par en nove hoyos, do 6 ao 12, con seis birdies e un eagle. E de feito, é a primeira vitoria de 2021 do golf español en calquera dos circuítos principais.
"Estou moi feliz coa miña primeira vitoria no Challenge Tour despois dunha ronda final intensa", apuntou Santi Tarrío, a través das súas redes socias. "Gracias a toda a miña familia e aos que me seguides en cada golpe, sea bo ou malo. Seguimos a semana que vén en Cádiz, esta vez xa si, co equipo ao completo", sinalou.
Inicios
Santiago Tarrío Ben naceu o 7 de novembro de 1990. Empezou a asistir a clases do seu pai cando tan só tiña sete anos. Adestraba no Club de Golf de Val de Rois. Rapidamente comezou a competir e, vendo que os resultados eran favorables, decidiu convertirse en profesional aos 17 anos. Pero non foi ata 2016 cando decidiu formar un equipo e empezar a competir a nivel internacional. Con só un ano de competición alcanzou xa as súas primeiras vitorias e colocouse nunha moi boa posición no Ranking Nacional Español.
Comments