As inscricións están abertas ata o 27 de abril
Laura Moure/Comarca de Arzúa
O Xacobeo Rally da Auga disputarase o 6 e 7 de maio. Nesta edición de 2022 haberá un cambio de localización no que respecta ao Parque de Asistencia, que estará situado nas inmediacións do Estadio Vero Boquete de San Lázaro. O venres ás 14:00 horas terá lugar o shakedown e tramo de cualificación que se disputará na contorna do concello de Touro e posteriormente o parque pechado estará situado en fábrica de queixos Queizuar. A saída producirase ás 18:00 horas do Centro Comercial As Cancelas un ano máis, onde tamén terminará a competición.

A continuación disputarase o primeiro tramo cronometrado en Arzúa. Ao termino desta primeira especial, os participantes dirixiranse á Praza da Feira de Arzúa para a elección de posto e celebrar a cerimonia de presentación de todos e cada un dos equipos previa á etapa do sábado, que completará un total de 102 quilómetros cronometrados.
Xa están abertas as inscricións, que se clausurarán o 27 de abril. A organización sinala que todo o taboleiro de anuncios oficial da proba será a través de SportityLtd., unha aplicación que está dispoñible tanto en Google Play como na App Store, pero onde tamén se pode acceder a través desta ligazón: https://webapp.sportity.com/channel/rallydaauga
Commentaires