Está previsto fixar data para unha xuntanza a semana que vén coas familias dos outros centros educativos do Concello
Ecos da Comarca/Vila de Cruces
O voceiro municipal do BNG de Vila de Cruces, Alex Fiúza, mantivo unha reunión coas nais e cos pais do alumnado do CEIP de Cerdeiriñas de Piloño, para abordar, entre outros temas, diferentes propostas de mellora para as instalacións do centro e de accesibilidade ao mesmo, a través de diferentes axudas en curso, a coordinación entre centros ou os programas de conciliación.

Foi tamén momento para escoitar ás familias, "as cales amosaron o seu descontento coa
tardanza na organización e implementación do Plan Concilia do Concello, e a necesidade de revisar as condicións e os horarios do mesmo, por non adaptarse ás necesidades reais das familias, e polo tanto, perder efectividade", incide o BNG.
Tamén, aproveitando a xuntanza, tivo a oportunidade de visitar algúns espazos do centro,
"momento en que as nais e os pais amosaron o mal estado dos vestiarios das instalacións
deportivas, e planexaron a necesidade de reformar o falso teito no interior, e de realizar
tarefas de desbroce nas zonas verdes do exterior". Alex Fiúza amosou todo o seu apoio e comprensión ás familias e comprometeuse a levar unha proposta ao próximo pleno coas súas demandas, para garantir calidade de servizos en todos os centros educativos do Concello.
Está previsto fixar data para unha xuntanza a semana que vén coas familias dos outros centros educativos do Concello.
Comments