Advírtelle que “se acabou levar a pleno os proxectos o último día, sen consensuar con ninguén e que por responsabilidade votabamos a favor para non perder as subvencións”
Ecos da Comarca/Vila de Cruces
O voceiro do BNG de Vila de Cruces, Álex Fiuza, reclaca "ao alcalde usurpador do cargo que ostenta" celeridade e axilidade na redacción dos proxectos a presentar a outras administracións. Advírtelle que “se acabaron os tempos de levar a pleno os proxectos o último día de prazo de admisión, sen consensuar con ninguén e que por responsabilidade
votabamos a favor para non perder as subvencións”.
"Mais esa responsabilidade que nós amosamos nunca foi recíproca e chegou ao cumio da irresponsabilidade cando se arrogou para si o mérito de ser alcalde por decisión da cidadanía, non polos votos do BNG. Prégalle ao alcalde un pouco máis de humildade e recórdalle que só ten 150 votos máis co BNG", incide. E engade que os nacionalistas de Vila de Cruces queren ver o proxecto, canto antes, que pretende presentar ao plan Reacpon da deputación que pode financiar até un máximo de 596.681euros dos que a aportación municipal só é do 15% ou 20% dependendo da liña de proxecto pola que se opte, ben sexa á de urbanización ou á de rehabilitación. Aseguran que “ non podemos perder esta oportunidade pola cuantía da axuda e porque o noso concello ten moitas necesidades, e esiximos esa celeridade, xa que un dos criterios fundamentais de valoración é que debe ser un proxecto participativo.”
“Nós temos claro que proxectos presentariamos, e apostamos por espazos para vivir, entre eles débese redireccionar o tráfico do casco da vila, e manter unha uniformidade coas novas obras, para que a vila non se vexa parcheada en cada actuación, e en liña co programa Ágora da deputación, apostamos por unha obra inclusiva, e que ademais é unha proposta do BNG aprobada en pleno, como a eliminación de barreiras arquitectónicas, e sobre todo, é fundamental ter en conta a incomodidade que pode supor esta obra para os negocios da vila mentres está en execución, polo que é imprescindible crear unha serie de aparcadoiros disuasorios nas rúas paralelas co fin de facilitar o acceso e a mobilidade.”
Sinala que o prazo para presentar os proxectos é de dous meses, "xa se consumiron máis de 15 días sen que haxa noticias ao respecto". Fiúza recórdalle ao alcalde que “as
axudas son por concorrencia competitiva, non nominativas como fai el no Concello, cuns criterios de valoración obxectivos e para non quedar excluído ten a obriga de acadar o 50% da puntuación total”.
Finalmente a formación nacionalista agarda “que o proxecto vaia a pleno co tempo suficiente para facer propostas e que estas se poidan incorporar ao mesmo” só así votarán a favor.
O BNG incide nuns datos de interese:
Plan concellos 2021: 662.979,04 euros.
Máximo financiable: 90% do plan concellos: 596.681,136 euros.
Aportación municipal: urbanización (15%):89.502,17 euros, Rehabilitación (20%):119.336,23 euros.
Aportación deputación: urbanización (85%): 507.178,96 euros, Rehabilitación(80%):477.344,9 euros.
Criterios de valoración:
Madurez do proxecto: até 30 puntos.
Descarbonización: até 30 puntos.
Calidade do proxecto: até 30 puntos.
Axenda 2030 da UE: até 10 puntos.
Puntuación máxima: 100 puntos. Quedan excluidos os que non acaden o 50% da puntuación: 50 puntos.
Comments