top of page

O VIII Festival Motorock da asociación moteira Milli Riders será o 30 de xuño e o 1 de xullo

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Unha cea, concertos, unha ruta, unha comida de confraternidade e varios espectáculos centran a programación desta iniciativa do colectivo melidense


Laura Moure/Melide

A asociación moteira Milli Riders presentou xunto ao alcalde, José Manuel Pérez, a VIII edición do Festival Motorock que ateigará o noso concello de afeccionados ás motocicletas os días 30 de xuño e 1 de xullo. Esta edición conservará o lugar de celebración das anteriores edicións, as inmediacións do Parque Rosalía de Castro.

O rexedor agradeceulle á asociación moteira "o esforzo realizado por sacar adiante un evento cunha programación tan completa, que seguro encherá Melide durante toda a fin de semana”.


A VIII edición do Festival Motorock Milli Riders comezará o venres 30 de xullo, cunha cea moteira e os concertos do grupo local “Leirabuxo” e do grupo de pop-rock “El

Borrón del Escribano”

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

O sábado, 1 de xullo, os participantes poderán desfrutar dunha ruta moteira pola comarca que rematará cun xantar de confraternidade. Pola tarde, celebraranse vario espectáculos da man do rei do Freestyle, o portugués Paulo Martinho. O grupo “Los Alcántara” e o DJ “Josy da Graver” actuarán nunha noite que ten como especial protagonista ao grupo valencianos “Los Inhumanos”.


0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page