top of page

O veciño do Pino Diego Anido: premio á Mellor Interpretación Masculina de Reparto nos Mestre Mateo

Laura Moure/O Pino

O veciño de San Miguel, no municipio do Pino, Diego Anido recibiu o premio á Mellor Interpretación Masculina de Reparto na gala dos Premios Mestre Mateo.

Diego Anido. Fonte: Concello do Pino.

Anido conseguiu este galardón por Malencolía, sexta longametraxe de Alfonso Zarauza, que está protagonizado por Melania Cruz e Xúlio Abonjo. Completan o reparto Diego Anido, Marta Lado, X. A. Touriñán, Ricardo de Barreiro, Ledicia Sola, Tito Asorey e Deborah Vukusic. Esta longametraxe, rodada integramente en galego, combina o cinema de terror, a comedia e o desarraigamento vital para contar a historia dunha parella que regresa ao rural galego tras vivir dez anos en Berlín.

Este filme, que conseguiu 11 nominacións nos Premios Mestre Mateo da Academia Galega do Audiovisual, gañou dous galardóns que foron para os actores Iolanda Muíños e Diego Anido á mellor interpretación de repartición feminina e masculina, respectivamente.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page