top of page

O veciño de Vila de Cruces José Torres cumpre 100 anos

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Ecos da Comarca/Vila de Cruces

O municipio de Vila de Cruces conta dende o pasado día 29 cun novo cententario, tal e como conta o Concello. Trátase do veciño José Torres. "É un referente para a nosa vila, e co que estamos encantados de compartir este gran día con el e con toda a súa familia, só podemos estar agradecidos e desexamos que siga contando primaveras", sinala o Concello.


Torres foi visitado polo alcalde do municipio, Luis Taboada, e polo tenente de alcalde, Julio López, que lle fixeron entrega dun agasallo moi orixinal.

Taboada, Torres e López.

A verdade que Torres presenta un aspecto estupendo e para nada aparenta esta idade! Dende ECOS DA COMARCA tamén lle desexamos moitos parabéns!!

0 comentarios

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page