Luis Otero con “Turco” foi o campión provincial
Ecos da Comarca/Touro
Dentro do programa de competicións cinexético deportivas da XXVII Festa da Caza de Lugo celebrouse, este domingo 26 de maio, o Campionato Provincial de Lugo de Cans de Rastro Atrelados modalidade Xabaril no que participaron preto de 30 cans e monteiros, tal e como recolle a web da Federación Galega de Caza.

Unha proba organizada pola Federación Galega de Caza en Lugo e sendo puntuable para a Copa Galicia da especialidade e tamén clasificatoria para o Autonómico da modalidade que se desputará o vindeiro 15 de xuño.
Publicidade
O monteiro Luis Otero Alonso foi o que maior puntuación obtivo na fase final acadando un total de 264,5 puntos co can “Turco” e sendo deste xeito o campión da proba e tamén campión provincial. O tamén lucense Maikel Otero Folgueira co can “Chacho” era o segundo clasificado con 259,5 puntos. Completou o podio o veciño de Touro Francisco Rodeiro Eiras con “Pistolas” e 253 puntos.
Publicidade
A selección lucense quedou conformada polos seguintes monteiros: Luis Otero, Maikel Otero, Martín Martínez, Carlos Rouco, Nestor Trasancos, Manuel Fernández Vecino, Francisco Gómez, José Manuel Yáñez, Juan Fernández Vecino e Camilo Cabodevila.
Este Campionato contou co patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte, Arion e Mutuasport.
Comments