top of page

O veciño de Touro Damián Iglesias, Campión de España na categoría dos 86 kg de Loita Libre Masculina

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Ecos da Comarca/Touro

Damián Iglesias. Fonte: Club De Loita Keltoi Cruces

O veciño de Touro Damián Iglesias proclamouse Campión de España 2023 na categoría dos 86 kg de Loita Libre Masculina.

Preme na imaxe se queres obter máis información deste evento.

"Para quen non coñeza a Damián, é veciño da parroquia de Loxo, do municipio de limítrofe de Touro e ten familiares no noso de Vila de Cruces", sinala o Club De Loita Keltoi Cruces.


"Formouse no Club de Loita Touro as ordes do noso adestrador Moncho García e posteriormente no Centro Galego de Tecnificación Deportiva en Pontevedra con Alexander Kachelaev (D.E.P.). Actualmente leva varios anos na illa de Mallorca adestrando no CTD das Illas Baleares con Eusebio Capel e o seu equipo. Marchou en busca novos horizontes deportivos e está compaxinando os adestramentos coa súa vida laboral".

"Dende aquí dámoslle a nosa noraboa por acadar outro ano máis o título nacional que xa é o seu quinto na categoría absoluta. Forza Damián!!", destaca o clube cruceño.”.


Dende o equipo de ECOS DA COMARCA: Parabéns!!!





0 comentarios

Commentaires


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page