Os do Citroën C3 N5 disputarán o RallyMix de Touro, segunda proba deste certame e que lle servirá ao piloto como test para o Xacobeo Rally da Auga
Ecos da Comarca/Touro
Tras un gran RallyMix da Sidra, onde María González adaptouse novamente ao veciño de Touro César Garabatos tras varios meses sen competir, os días 30 de abril e 1 de maio a parella do Citroën C3 N5 enfrontarase ao RallyMix de Touro, a proba de casa para eles, e onde ambos esperan poder brindarlle un gran resultado aos seus patrocinadores.

“Correr na casa sempre é especial. Despois do cuarto posto da Estrada aquí a intención non é outra que loitar por un posto de pódium. Trátase dun RallyMix moi rápido e polo tanto, é moi importante ter as notas moi claras”, declara o piloto. Mentres á copilota esta proba tráelle grandes recordos, pois foi o seu debut en competición a pasada tempada. “Tanto César como eu esta tempada estamos a dedicarlle máis tempo a preparar as carreiras. Faime moita ilusión volver correr en Touro e facelo rodeado dos meus moito máis”.
Antes do RallyMix de Touro, el asistirá xunto co C3 N5 á presentación do Xacobeo Rally dá Auga. Será hoxe, xoves 28 de abril, en casa Brandariz (Dombodán - Arzúa) ás seis da tarde.
NOTICIA RELACIONADA:
Comments