top of page

O veciño de Silleda José García organiza unha campaña de recollida de medicamentos

Serán enviados a Venezuela e conta coa colaboración da Asociación de Venezolanos del Deza

Laura Moure/Silleda

O veciño da parroquia silledense de Laro continúa con distintas compañas solidarias. Desta volta, organiza, en colaboración coa Asociación de Venezolanos del Deza, unha recollida de medicamentos en Silleda.

ree
José García cun cartel da campaña.

Recolleranse todo tipo de medicamentos, sen caducar, e non se aceptarán xarabes nin cremas abertas. Despois de revisalos, entregarase a asociación citada en liñas máis arriba que será a encargada de envialos a Venezuela, principalmente á irmandade galega, a cal donará os excedentes a institucións benéficas.


Os interesados en donalos poden entregalos en Silleda na Cafetería Alborada, Café Bar A Tertulia e Tenda de Ensoños. Prégase depositalos nas propias caixas sen bolsas para que ocupen menos.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page