top of page

O veciño de Laro José García promove unha campaña a favor dos damnificados polo terremoto de Turquía

Sorteará unha cesta de produtos Mihi para recadar fondos e necesita da colaboración dun camioneir@ para facer chegar a axuda humanitaria


Laura Moure/Silleda

O veciño de Laro José García segue sumando campañas solidarias para axudar aos demais. Neste caso, o seu espíritu solidario, lévao a lanzar unha acción para axudar aos damnificados polo terremoto de Turquía.

Neste caso, conta coa colaboración de Alejandra Iglesias, asesora de Mihi. Desta volta, sortearase unha cesta de produtos Mihi (quitagrasas, neutralizador de olores, limpiacristais, limpiador multiusos, limpiador WC, crema para peles secas, gel de ducha de cáñamo, leche corporal emoliente ou lapis de ollos).


"O mércores empezaremos a vender nas rifas, cuxo prezo é de 1 euro, pa recadar fondos, sendo o noso obxectivo conseguir 1.000 euros para poder enviar un camión con axuda humanitaria da comarca de Deza a Turquía para axudar aos afectados polo terremoto", sinala García. Ademais, indica que "necesito a colaboración dun camioner@ que se encarge de levar as donacións e tamén voluntarios para vender as rifas".

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

O gañador da cesta será a persoa que teña a rifa que coincida co número do sorteo da ONCE do día 28 de febreiro.



Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page