O veciño de Laro José García consegue recolectar nunha campaña solidaria 11 bicicletas e tres cascos
- Laura Moure
- 2 ago 2021
- 1 Min. de lectura
Laura Moure/Silleda
O veciño de Laro (Silleda) José García continúa coa súa labor solidaria. Esta fin de semana conseguiu recolectar a través dunha campaña 11 bicicletas e tres casos de bicicletas. El colabora co colectivo Recycling.

"Grazas unha vez máis aos veciños e veciñas do concello de Silleda por poñer un graniño e darlle unha segunda vida as bicicletas e aos cascos de bicicletas que serán doadas a Recycling e tamén grazas o Concello de Silleda por prestarme a praza para poder levar a cabo esta gran iniciativa, especialmente a Ángela, a concelleira de Benestar e Servizos Sociais de Silleda que sempre está disposta a botar unha man no que sexa", indica García.
A vindeira cita será o concurso e exposicións de fotografías enxebres que organiza este veciño.
Comments