É músico da Banda Municipal de Antas de Ulla e actor do grupo de teatro da biblioteca desta localidade e o filme estrearase o 15 de febreiro na TVG2
Laura Moure/Antas de Ulla
O martes 15 de febreiro a TVG2 emite a película documental Verde a cor da soidade da que é protagonista Eduardo Salgado, músico da Banda Municipal de Antas de Ulla e tamén actor do grupo de teatro da biblioteca desta localidade.

Verde a Cor da Soidade, de Alberto Trabada, dá voz as persoas que están vivindo o despoboamento do rural. Habitantes das aldeas que ven como a súa vida e entorno vai desaparecendo sen que ningúen poña remedio para evitalo.
"Verde a Cor da Soidade foi unha viaxe de catro anos pola montaña de Lugo, unha viaxe que formará sempre parte da miña vida por todas as persoas e lugares que coñecín. Unha viaxe que quedou reflexada nunha película documental que aborda o problema do despoboamento no rural galego e a soidade das persoas que van quedando nas aldeas. Unha interpretación persoal da pérdida dunha cultura e forma de vida que é posible que desapareza para sempre. Un proxecto documental que foi apoiado desde o primer momento por Televisión de Galicia, e sobre todo por tantísima xente que colaborou para levalo a cabo, persoas das que sempre terei un recordo especial", sinala Trabada a través do seu perfil de Facebook. "Eduardo é un home cheo de enerxía que interpreta na película documental a situación de soidade na que viven moit@s persoas en aldeas remotas do rural", subliña.
Emitirase o martes 15 de febreiro na TVG2 ás 23:00 horas nun espazo que se chama Descuberta.
Comentários