top of page
Foto del escritorLaura Moure

O Ulla Fest traerá este venres a figuras nacionais do ámbito da cultura e a música urbana a Touro

A xornada, promovida pola concellería de Cultura, posiciónase como un dos eventos máis relevantes da cultura urbana na comarca compostelá


Laura Moure/Touro

Este venres 26 de xullo celebrase en Touro a II edición do festival Ulla Fest, unha cita dirixida aos amantes da música urbana e con entrada gratuíta. Comezará ás nove da noite e celebrarase no centro da capital municipal en Fonte Díaz.


A xornada arrancará cunha batalla de gallos na que participará como principal reclamo LE33, unha figura destacada no panorama nacional ao participar en certames do Freestyle Máster Series (FMS) e gañar probas internacionais como a batalla de Mestres celebrada en Chile.

A primeira edición do Ulla Fest.

A continuación será o turno de DJ Mil, un clásico do panorama do hip-hop a nivel galego. O seguinte artista será Erin, o rapeiro compostelán conta cunha recoñecida traxectoria e presentará o seu novo traballo.


Publicidade

C Mirazo será outros dos artistas que fará as delicias dos espectadores. O "rei do trap" en galego é unha das revelacións musicais nos últimos anos e participou recentemente en festivais como o rompetiño.

Kike Varela será o encargado de pechar o festival. Este ano participou no Son do Camiño e un dos seus temas acaba de ser pinchado polo mesmo Timmy Trumpet no Gozo Fest.


Publicidade

De xeito paralelo a este festival, a concellería de Cultura tamén promove o Touro Street Fest que se celebrará dende as 12 horas ata as 22 horas no campo da Festa de Fonte Díaz. Está dirixido a nenos e mocidade a partir de 5 anos. Haberá obradoiros de skate, grafitti, breakdance, parkour e football Street entre outras actividades.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page