Ecos da Comarca/O Pino
A Dirección Xeral de Mobilidade vén de confirmarlle ao Concello de O Pino a posta en marcha dunha nova ruta que vai comunicar ás parroquias de Medín, Gonzar e Budiño con Santiago de Compostela. Esta ruta é unha vella reivindicación do alcalde do Pino, tal e como indica o Concello, que agora é atendida pola Xunta.
Esta ruta (a XG800), que estará operativa de luns a venres non festivos, sae de Medín ás 7:15 horas, pasará por varios lugares da parroquia de Gonzar e Budiño e diríxese a Sigüeiro (Cruce de Barciela) antes chegar a Santiago ás 08:30 horas.
Mentres duren as obras na rúa do Hórreo (fronte á nova estación intermodal) a parada desta ruta estará situada na calle da Rosa. Cando rematen as obras a parada trasladarase a rúa do Hórreo, de onde sairá ás 14:00 horas, para chegar a Medín ás 15:36.
Esta ruta estará atendida por Autos Grabanxa, e súmase ás liñas que Mombús fai pola N-547, e Arriva pola N-634 para comunicar o concello de O Pino coa capital de Galicia.
Comments