Ecos da Comarca/Vila de Cruces
O trail da Carixa ben de pechar inscricións doblando a participación da anterior edición: 400 inscritos nas probas de trail longo 19km 1000+, relevos 8km e 12km, andaina 8km e os peque trails.
![](https://static.wixstatic.com/media/0216be_4cd039b2d9f540298c722db18f35f60a~mv2.jpg/v1/fill/w_900,h_1600,al_c,q_85,enc_auto/0216be_4cd039b2d9f540298c722db18f35f60a~mv2.jpg)
"Como é habitual nas múltiples carreiras que organiza o Gtr Galaico Trail Run sempre vai un punto máis alá en innovación e sorpresas para o desfrute dos participantes e esta edición non ía a ser menos. No quilómetro 6 da carreira pola cal pasarán tódolos corredores terán a disposición de todo aquela persoa que chegue con folgos a subida o Castro Sampaio a oportunidade de retratarse cunha foto inigualable e única da Ferveza do Toxa, a cal terá un premio especial por parte da organización da carreira. Unha carreira que manterá todos os protocolos Covid en vigor nestes momentos, pero non por iso impedirá que a xa coñecida pos-carreira da organización deixe indiferente a ninguén tanto o sábado cos máis pequenos como o domingo coa proba raíña".
NOTICIAS RELACIONADAS:
Comments