top of page
Foto del escritorecosdacomarca

O Trail da Carixa bate récord de participación

Ecos da Comarca/Deza

O Galaico Trail Run-GTR augura un grande éxito para esta fin de semana na cuarta edición do Trail da Carixa. Dende o Club sinalan que se bate récord de participación con respecto a outras edicións, superando os 360 inscritos, unha cifra moi elevada tendo en conta que o calendario de probas está saturado en Galicia.

O GTR recalca que todo o mérito se debe a grande implicación dos integrantes do Club na

organización da proba, “mostra de que temos un equipo implicado na preparación deste tipode eventos”, destacan. Así mesmo, agradecen a colabroación de todas as empresas que achegaron axuda para poder celebrala e, en especial, ao Concello de Vila de Cruces pola súa grande achega. Cabe destacar que o percorrido desta proba tamén pasa polo Concello de Silleda e dende o GTR agardan que en futuras edicións se volvan a implicar nesta proba.

Publicidade

O Club anima tamén ás familias con cativos/as para que asistan ao pequetrail que terá lugar este sábado na área da Carixa e na que haberá merenda para todos/as e tamén agasallos para todos/as os/as participantes. E o domingo serán as probas do Trail e haberá pinchos ao finalizar o evento a base de callos, empanada, tortillas e queixo.


Publicidade

Dende o GTR destacan que esta proba “pon en valor, máis se cabe, este enclave do turismo dezá” e por iso animan a que a xente se achegue a animar e potenciar esta actividade. E recalcan que cada ano este Trail está a medrar e ante isto “felicitamos e agradecemos a todas as persoas que están a traballar nel”.

0 comentarios

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page