top of page

O tráfico na N-525 en Silleda viuse afectado hoxe por unha colisión entre dous coches e un camión

Ecos da Comarca/Silleda

A circulación de vehículos estivo condicionada esta tarde na N-525 ao seu paso por Silleda por mor dun choque múltiple no que se viron implicados dous turismos e un camión. Segundo a información recollida no 112 Galicia, a colisión entre os vehículos obrigou ás forzas da orde a interromper o tráfico no punto quilométrico 301 da estrada, mentres duraron os labores para restablecer as condicións de seguridade na vía. Deste xeito, a circulación foi desviada por unha estrada alternativa próxima.

Foto arquivo.

Cómpre sinalar que un home que circulaba nun dos coches implicados no sinistro foi trasladado a un centro médico, tras sufrir unha indisposición ao volante. O choque múltiple produciuse ao fío da unha desta tarde. Nese momento, unha persoa particular contactaba co 112 Galicia para alertar dos feitos.

A partir de aí, desde o CIAE 112 Galicia púxose a situación en coñecemento de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Silleda, da Policía Local, da Garda Civil de Tráfico e do servizo de mantemento da estrada.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page