top of page

O toque de queda en Galicia será ás 23:00 horas e os restaurantes poderán abrir ata esa mesma hora

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Nas residencias as visitas serán sen límites, pero con cita previa, e todos estes cambios entrarán en vigor a partir deste venres



Feijóo durante unha comparencia. (Autor: Xunta)

Laura Moure

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, acaba de anunciar cambios nas restricións motivadas pola Covid-19 e que se adoptan pola boa evolución do comportamento da pandemia en Galicia.

  • O toque de queda pasa a ser ás 23:00 horas.

  • Os bares e cafeterías manterán o horario de apertura ata as 21:00 horas e os restaurantes poderán abrir ata as 23:00 horas (terá que ser con reserva previa, deberán manter rexistro de clientes e contar con medidores de CO2 do aire).

  • Nas residencias da terceira idade: Sen límites de visitas, polo que poderán visitarlos calquera familiar, pero sempre con cita previa. E os maiores poderán saír á rúa tres veces por semana cunha duración de catro horas cada vez.

  • Galicia seguirá pechada perimetralmente.

En canto as restrincións por concellos quedarán así:


O Comité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia acordou manter o nivel máximo de restricións para os municipios de Carballeda de Valdeorras, A Pobra do Caramiñal e O Grove.


Ademais, a asamblea de expertos determinou o establecemento do nivel alto de limitacións en dez concellos: Monterrei, Cortegada, Padrenda, O Barco de Valdeorras, Rubiá, Barreiros, Carral, Boimorto, Boiro e A Illa de Arousa.

Así mesmo, quedarán no nivel medio os municipios de O Irixo, Trabada, Meira, A Pobra do Brollón, Muxía, Cambre, Ortigueira, Ribeira, Meis, Ribadumia, Sanxenxo, Soutomaior, Vilanova de Arousa, As Neves, Gondomar, Vilaboa, Marín e Meaño.


No resto dos concellos galegos estarán vixentes as restrincións fixadas no nivel medio baixo.


Todas estas medidas entrarán en vigor a partir deste venres.


0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page