top of page

O Tecor Bertaña de Agolada: uns 110 socios unidos polo compañerismo e unha mesma paixón

Medio cento de cazadores celebraron o pasado sábado unha comida de confraternidade na parroquia de Borraxeiros


Laura Moure/Agolada

Todos os asistentes á comida. Autor: Ecos da Comarca.

Dende a existencia da humanidade, a caza era unha necesidade, xa que as persoas precisaban de cazar para poder sobrevivir. Hoxe en día converteuse nunha actividade de lecer e tamén contribúe a controlar as especies de animais salvaxes. Pero o que temos claro e se falamos con máis dun cazador, é que a caza xa é un sentimento, que se transmite de xeración en xeración. Este sábado acercámonos ao local social de Borraxeiros onde medio cento de socios do tecor Bertaña de Agolada estaban desfrutando dunha comida entre compañeiros e xa moitos deles amigos.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

O Tecor Bertaña está formando por uns 110 socios e o seu presidente, Javier Varela, sinala que foi unha boa tempada de caza algo no que tamén coincide Manolo Leiva, máis coñecido como Manolo de Facha, de Berredo. "Foi unha tempada bastante boa, non nos lastimamos, cazamos moi unidos e temos moi boa cuadrilla, xa que nos levamos ben entre todos. O peor é que hai moita leña e os bichos deféndese moi ben, pero algo imos facendo e sobre todo, pasámolo moi ben. E como dicía, temos moi bo compañerismo, moi boa sociedade, moi boa directiva, bo presidente e bos compañeiros", recalca Manolo de Facha.

Autor: Ecos da Comarca.

Pero como dicía liñas máis arriba, nese ambiente respirábase un gran compañerismo unido por unha mesma afección, que vai máis alá de acción de cazar. Hai quen recorda cazar toda a vida e quen o ten pensado seguir facendo ata que a idade llo permita. Falamos do socio máis veterano deste tecor presente na comida, José Melchor Val Varela, máis coñecido como Pepe de Galegos. "Levo dende os 18 cazando e fago 88 anos para o 18 de marzo. Eu teño experiencia dabondo e sobre todo pasámolo moi ben. Algún día cazamos moi ben, aínda que agora hai menos. E a min se me deixan seguirei. Teño que renovar este ano o permiso de armas e agardo que me deixen uns cantos anos máis".


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

E do socio máis veterano pasamos ao máis novo, á Álex Leiva, que ten 16 anos e leva un cazando, algo que lle vén de seu pai. "O que máis me gusta é ir cos cans", porque aquí neste deporte, a conexión can e cazador é primordial. Ademais, este mozo confesa que prefiere ir de caza antes que de festa e que antes de empezar a tempada xa conta os días con ansia.


E aínda que a caza é máis un mundo de homes, tamén hai algunha muller que ten esta afección, e cada vez máis. De feito, no tecor Bertaña está Mélani Costa, que caza na compañía da súa parella dende hai uns catro anos.


Como vemos a caza non é cuestión de idade ou de sexo, senón de paixón por algo que como dicimos, vai máis alá de atrapar a un animal.

Álex Leiva, Mélani Costa, Manolo de Facha, Javier Varela, Pepe de Galegos e outro compañeiro do tecor.



Kommentare


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page